sábado, 23 de agosto de 2008

Juvenil B - Cadetes

O pasado día 2o disputamos un partido contra os cadetes. O resultado foi 8-0 para nos.

Na primeira parte movian bastante o balón pero sen crearnos moito peligro. Intentamos disparos dende lonxe pero sen moita fortuna. O final da primera parte o marcador foi de 2-0.

Logo na segunda parte xa foi completo dominio noso e chegarian os 6 goles restantes.

Os goles foron marcados por: Amis, Pablito, Eric, Vicente e Andrés(Taboada)

Chantada 2-1 Taboada

Na nosa primeira proba cara a nova tempada estivo bastante ben, ainda que poidemos facer moito máis. O Resultado contra o Taboada ainda que pareza moi axustado tivemos moitas opcions de marcar pero non soubemos materializalas.

Na primeira parte foi un completo dominio noso, tivemos moito o balón e disparamos moitas veces a portería, pero non tivemos sorte. A pesar de ter a posesión en algún contragolpe puxeron en apuros o noso meta.

Xa na segunda parte, eles intentaron ter máis a posesión do balón, pero nos seguiamos tendo o balón. No minuto 80 chegaría o gol de Amis. Chegou nunha xogada moi protestada polos xogadores do Taboada xa que decían que era fora de xogo de Amis pero non era así. Pouco despois do noso gol o Taboda logo dun centro dende a banda un fallo na nosa defensa fixo que marcaran e fixeran polo tanto o empate. A pesar do gol non nos viñemos abaixo e intentamos a ir polo gol da victoria. Airiños desde a frontal da area batiu ao meta taboadino logo dun gran disparo.

Non abería tempo para moito máis. O final do partido Chantada 2 Taboada 1

viernes, 15 de agosto de 2008

Chantada - Taboada


Mañá as 19:00 disputarase no Sangoñedo o primeiro partido amistoso do Xuvenil B contra o Taboada de Xuvenil.
Este encontro serviranos para ver o noso estado de físico e mental cara a nova temporada que esta moi cerca. A nosa temporada empezará o día 13 de setembro e non debemos durmirnos se queremos chegar en bo estado a primeira xornada de liga.
Esta semana foi moi boa, estivémonos esforzando xa que temos ganas de xogar o noso primeiro partido amistoso, (para algúns rapaces vai a ser o seu primero partido como Xuvenil). Aínda que estas dúas primeiras semanas de pretemporada non poidemos contar con todos os nosos xogadores por diversos motivos, temos moitas ganas para afrontar o noso primeiro partido contra o Taboada, xa que creemos que non vai a ser un rival fácil.
Vicente


jueves, 14 de agosto de 2008

Vicente



¡Hola! Eu son Vicente, e vou ser quen fale do Xuvenil B neste Blog.

Tódalas semanas eu falarei polo meu equipo aquí como afrontamos cada semana o noso rival, direi o noso rival co que xogamos e o horario do partido para que podades vernos xogar.

Logo de cada partido, farei unha cronica desde o noso vestuario e direi como foi o partido; o xogo do Chantada, o do rival, os goles de cada xornada e todo o que se refira o Xuvenil b.

Desde aquí darvos a benvida o noso Blog e pasadevos sempre que queirades.

Un saúdo

miércoles, 13 de agosto de 2008

O Blos adicado a 2ª provincial xuvenil


Aquí nace un novo blog adicado á 2ª provincial xuvenil de Ourense. Nel, un xogador do Chantada analizará tódalas semanas a xornada do fin de semana, os momentos dos distintos equipos, os favoritos... Ademais, poderedes ser membros activos deste blog participando nas distintas enquisas que propoñamos, deixando os vosos comentarios, enviándonos fotos de partidos para que poñamos aquí... etc. Todo sobre a 2ª provincial xuvenil.