viernes, 30 de enero de 2009

Suspensión do partido


Este fin de semana suspenderonos o partido polo temporal. Non foi a nos só xa que desde a Federación suspenderon todos os partidos ata 2ª rexional, ésta mesma incluída.
Non se sabe como quedarán ahora os partidos de aqui en diante.

Chantada 4-1 Lobios

Este fin de semana pasado gañamos por catro goles a un contra o Lobios. Nós tivemos moitas baixas e iso fixo que so poideramos ir con once xogadores o partido. O final do partido noutouse non ter xente fresca no banquillo. Ainda así os tres puntos quedaron na casa que nos viran moi ben para poder ascender.

Empeza a primeira metade con dominio noso e creando oportunidades de gol por medio de Bruno, Erik, Pablito e Vicente pero sen moita fortuna. No minuto 15 Bruno cun tiro lexano e coa axuda do porteiro faría o un a cero. No minuto 25 Vicente faría o dous a cero logo dun pase de Erik e no 35 Vicente de novo marcaría para facer o tres a cero logo dun rechace a lanzamento de Pablito.

Xa na segunda metade máis do mismo. Nos con moita posesión do balón e con chegada a porteria rival. No 7o Erik faría o catro a cero que deixaría o partido setenciado definitivamente. O Lobios sacou xogadores frescos e achegabanse con máis claridade a nosa meta pero sen moito perigo. No minuto farían o catro a un difinitivo logo dun erro da defensa que o dianteiro do Lobios sabe aproveitar moi ben.

jueves, 22 de enero de 2009

Chantada 3-2 Polígono

Esta finde semana pasado gañamos por tres tantos a dous contra o líder, o Polígono, onde non nos puxo nada fácil o partido e conseguíronos empatar por duas veces.

Empezou o partido con un dominio claro noso e con chegadas con relativa facilidade. No minuto 15 José Luis faría o un a cero. Non se viñeron abaixo e buscaron o gol e conseguírono a media hora de partido desde o borde da área facendo imposible a estirada de Suizo. Nos a pesar do gol non nos viñemos abaixo e buscamos o gol e así foi, Bruno desde o borde da área mete un gol que fai imposible a estirada a meta visitante. Chegariamos o descanso cun 2-1 pero cun dominante do balón claro.

Na segunda metade o Polígono saiu con gañas e fixo o dous a dous no rechace dun córner, nos pedimos fóra de xogo pero o árbitro deu válido o gol. Eles intentaron chegar a nosa meta pero sen moita fortuna. Nós tamén tivemos as nosas ocasións por parte de Noé varias veces que se iban por moi pouco. Chegando o final do partido, no minuto 90 unha falta botada por Ness cabecea o balón Noé o fondo da rede, facendo así o tres a dous difinitivo e que nos acerca máis os postos de ascenso.

jueves, 15 de enero de 2009

Entrevista a Lamas

ENTREVISTA

Nome e apelidos: Pablo Lamas Rizo


Contanos a túa trayectoria deportiva:
Empecei a xogar en distintas categorías das escolas e logo da SD


Que é o fútbol para ti?

O fútbol para min e o mellor deporte que ai


Cómo ves o equipo física e mentalmente?

Pois últimamente estamos algo baixos físicamente e mentalmente todos queremos o mesmo


Estás contento na posición que xogas? Gustariache xogar noutra posición?

Sí, estou contento. Gústame xogar en calquera posición e gustaríame xogar de interior.


Comprometeriaste a decirnos un número de goles para esta temporada?

E moi difícil, pero diría que 3


En que posto cres que acabará o equipo a final de temporada?

Entre 1º e 3º


Cómo te sintes no club?

Pois xenial, trátannos moi ben

MOI PERSOAL

Unha cor: rojo


Unha comida: paella


Unha bebida: coca-cola


Un número: 10


Un equipo: Barça e SD Chantada


Un libro: La mirada oscura


Unha película: -


Un xogador: Messi e Pabirolo


Un adestrador: Mourinho


Un hobbie: sair cos amigos


Outro deporte: Badminton


Unha manía: pos creo que ninguna


O teu mellor gol: de cabeza contra a Comercial


O partido do que mellor recordo tes: contra o Barco cando gañamos a liga


O mejor xogador con quen xogaches e? Pablito, Ness


Quén era e é o teu mellor compañeiro de vestiario? Pablito


Unha anécdota que nunca esquecerás: O que lle dixo o dianteiro do Celenova o Gorry.


Eres xogador porque…me gusta o fútbol


O mejor de ser xogador e…que te divirtes e coñeces bastante xente


E o peor…que te podes lesionar


Un recordo: o 1º ano de cadetes cando gañamos a liga


Un soño: xogar co Chantada en 3ª


Unha frase: querer e poder

domingo, 11 de enero de 2009

Crespos 3-1 Chantada

Esta semana perdimos merecidamente contra un Crespos que era moi distinto o da primeira volta. Era un equipo bastante ben posicinao e que saía na contra movendo con rapidez o balón. Cando nos demos conta estabamos cun 3-1 que non dimos recurtao distancias e lebar algo positivo de alí.

Empeza o partido a noso favor xa que no primeiro minuto Bruno desde casi o medio do campo marca o 0-1 e poñía o partido moi a favor para nós pero non nos duraría a alegría apenas nada, xa que na seguinte xogada deles un mal despexe fai que nos fagan o empate. O Crespos leva o dominio do balón e nos con tiros lonxanos de Erik, Pablito e Bruno intentabamos intimidar a portería local pero sen fortuna. No minuto 30 da primeira metade un córner ensaiado farían o 2-1. O Crespos segue mantendo o dominio do balón e segue facendo moito perigo as contras. Chegariamos o fin da primeira metade con 2-1 no marcador.

A pouco de comezar a segunda metade un erro defensivo noso fai que marquen o 3-1. A raíz deste gol viñémonos arriba creando moitas ocasións pero ou ben detiña o porteiro ou se iban por moi pouco. Intentouno Traste, Amis, Erik, Pablito, Bruno pero sempre sen sorte.

domingo, 4 de enero de 2009

Chantada 4-1 Cortegada

Este fin de semana xogamos o partido aprazado contra o Cortegada o cal lle gañamos por catro goles a un. Estivemos bastante activos en ataque xa que logramos bastantes ocasións.


Empezamos a primeira parte presionando arriba, buscando un gol tempraneiro pero Vicente con dous man a man contra o porteiro non acerta na definición do gol. Eles acercábanse con timided a nosa meta e non lograban poñernos en apuros. No minuto 30 da primeira metade Pablito poñería o un a cero no marcador. Logo do gol gozamos de varias ocasións do propio Pablito, Fabio, Lehbib e Ness pero sen sorte na hora do disparo. No minuto 40 Vicente poñería o dous a cero no marcador o que nos daría algo de tranquilidade para o final da primeira parte e a segunda parte.


Na segunda saímos un pouco despistados e a pouco de comezar teñen unha ocasión clara de gol que non souperon aproveitar. Logo desa xogada Pablito faría o tres a cero no marcador poñendo o partido encamiñado totalmente. Seguimos atacando e tendo oportunidades. No minuto 60 unhas mans dentro da área visitante fai que a árbitro pite penalti. Transformouno en gol Erik facendo así o cuarto gol e poñendo o partido sentenciado. A partir de aquí un partido aburrido onde non había un dominio claro de balón. No minuto 90 nun córner o Cortegada conseguiría acurtar distancias. Non habería tempo para máis.


Este luns volvemos a ter partido. E o partido de liga q deberíamos xogar o 10 pero que se adianta probablemente para que nese fin de semana se acaben de xogar os partidos aprazados. O luns medímonos o Crespos. É un equipo que está no medio da táboa e que se nos despistamos un pouco podemos vir sen traer nada. Se sumamos estes tres puntos estaremos aí metidos arriba pola loita do ascenso e quen save o mellor seguindo loitando partido a partido podemos conseguir algo máis.