jueves, 22 de enero de 2009

Chantada 3-2 Polígono

Esta finde semana pasado gañamos por tres tantos a dous contra o líder, o Polígono, onde non nos puxo nada fácil o partido e conseguíronos empatar por duas veces.

Empezou o partido con un dominio claro noso e con chegadas con relativa facilidade. No minuto 15 José Luis faría o un a cero. Non se viñeron abaixo e buscaron o gol e conseguírono a media hora de partido desde o borde da área facendo imposible a estirada de Suizo. Nos a pesar do gol non nos viñemos abaixo e buscamos o gol e así foi, Bruno desde o borde da área mete un gol que fai imposible a estirada a meta visitante. Chegariamos o descanso cun 2-1 pero cun dominante do balón claro.

Na segunda metade o Polígono saiu con gañas e fixo o dous a dous no rechace dun córner, nos pedimos fóra de xogo pero o árbitro deu válido o gol. Eles intentaron chegar a nosa meta pero sen moita fortuna. Nós tamén tivemos as nosas ocasións por parte de Noé varias veces que se iban por moi pouco. Chegando o final do partido, no minuto 90 unha falta botada por Ness cabecea o balón Noé o fondo da rede, facendo así o tres a dous difinitivo e que nos acerca máis os postos de ascenso.

No hay comentarios: