domingo, 4 de enero de 2009

Chantada 4-1 Cortegada

Este fin de semana xogamos o partido aprazado contra o Cortegada o cal lle gañamos por catro goles a un. Estivemos bastante activos en ataque xa que logramos bastantes ocasións.


Empezamos a primeira parte presionando arriba, buscando un gol tempraneiro pero Vicente con dous man a man contra o porteiro non acerta na definición do gol. Eles acercábanse con timided a nosa meta e non lograban poñernos en apuros. No minuto 30 da primeira metade Pablito poñería o un a cero no marcador. Logo do gol gozamos de varias ocasións do propio Pablito, Fabio, Lehbib e Ness pero sen sorte na hora do disparo. No minuto 40 Vicente poñería o dous a cero no marcador o que nos daría algo de tranquilidade para o final da primeira parte e a segunda parte.


Na segunda saímos un pouco despistados e a pouco de comezar teñen unha ocasión clara de gol que non souperon aproveitar. Logo desa xogada Pablito faría o tres a cero no marcador poñendo o partido encamiñado totalmente. Seguimos atacando e tendo oportunidades. No minuto 60 unhas mans dentro da área visitante fai que a árbitro pite penalti. Transformouno en gol Erik facendo así o cuarto gol e poñendo o partido sentenciado. A partir de aquí un partido aburrido onde non había un dominio claro de balón. No minuto 90 nun córner o Cortegada conseguiría acurtar distancias. Non habería tempo para máis.


Este luns volvemos a ter partido. E o partido de liga q deberíamos xogar o 10 pero que se adianta probablemente para que nese fin de semana se acaben de xogar os partidos aprazados. O luns medímonos o Crespos. É un equipo que está no medio da táboa e que se nos despistamos un pouco podemos vir sen traer nada. Se sumamos estes tres puntos estaremos aí metidos arriba pola loita do ascenso e quen save o mellor seguindo loitando partido a partido podemos conseguir algo máis.

No hay comentarios: