miércoles, 25 de febrero de 2009

Entrevista a Erik


ENTREVISTA

Nome e apelidos: Erik Gómez Viñas


Contanos a túa traxectoria deportiva:

Empecei xogando o fútbol sala coas escolas deportivas e fai dous anos paseime a fútbol campo


Que é o fútbol para ti?

Unha forma de estar cos meus


Cómo ves o equipo física e mentalmente?

Físicamente esta ben pero mentalmente farianos falta gañar máis de un partido seguido para volver ter confianza, ainda que agora parece que empezamos a gañar partidos.


Estás contento na posición que xogas? Gustariache xogar noutra posición?

Adiante síntome ben.


Comprometeriaste a decirnos un número de goles para esta temporada?

Tentarei conseguir polo menos 12


En que posto cres que acabará o equipo a final de temporada?

Entres os tres primeiros


Cómo te sintes no club?

Síntoma ben e con confianza.


MOI PERSOAL

Unha cor: verde


Unha comida: chuleta con patacas


Unha bebida: nestea


Un número: 3


Un equipo: Real Madrid


Un libro: ¿?


Una película: Gladiator


Un xogador: Zidane e Robben


Un adestrador: Del Bosque


Un hobbie: durmir


Outro deporte: seguir durmiendo jaja


Unha manía: creo que non teño ningunha


O teu mellor gol: o ano pasado en Oira, dende fóra da área de vaselina e ca zurda.


O partido do que mellor recordo tes: Oira, marquei dous goles e gañamos grazas a eso.


O mellor xogador con quen xogasches e? Anxo ou Según en fútbol sala


Quén era e é o teu mellor compañeiro de vestiario? David desde fútbol sala ata hoxe


Unha anécdota que nunca esquecerás: Pulpo sacando de banda (xa sabedes a historia)


Eres xogador porque? Me gusta xogar


O mellor de ser xogador é? Poder axudar o equipo e pasalo ben.


E o peor? Cando perdes, dame moita rabia


Un recordo: Todo o vivido cos meus compañeiros.


Un soño: Chantada a 1º !!


Unha frase: No me da miedo mañana porque he visto ayer y me encanta hoy (William Allen White)

jueves, 19 de febrero de 2009

Bande 5-6 Chantada

O fin de semana pasado viaxamos a Bande en busca dunha victoria para seguirmos estando ai arriba na loita polo ascenso. Foi un partido donde os locais non souperon aproveitar un 5-2 e que nos cun bo xogo na segunda parte remontamos a falta de 20 minutos para o remate do partido.

Empezamos o partido con dominio do balón e con chegadas claras a portería rival pero sen moita fortuna co gol. O primeiro gol do partido chegaria de falta, unha falta botada por Ness que o propio defensa a mete na súa propia portería. Sería o 0-1 pero logo do saque de medio farían o empate. Pouco despois logo dunha xogada combinativa o Bande marcaría o dous a un co que nos iriamos o descanso.

No segundo tempo saimos decididos a pola victoria e así foi, Pablito logo de regatear o porteiro poñería o empate no marcador. Logo nos seguintes 10 minutos logo de xogadas combinativas do Bande faríanos 3 goles. A pesar deses tres goles non nos viñemos abaixo e Airiños, recurtaría distancias de falta directa, cinco minutos depois Airiños volvería a marcar logo de cabecear a rede logo dun saque de esquina e él mesmo faría o empate tamén de cabeza logo dun centro desde a banda. O cinco a seis final sería obra de Erik a falta de cinco minutos para o final do partido.

Unha victoria que nos da ganas para o seguinte partido de liga que será aqui na casa contra o Soutopenedo un rival que ben de gañar contra o líder por cinco a cero e que está detrás nosa na clasificación a tan so un punto, asique de gañarmoslle estariamos aí metidos pola loita polo ascenso.

Recordar que esta semana non teremos partido porque se disputarán os partidos aplazados. Tamñen anunciar que a xornada suspendida por mor do temporal será disputada despois do último partido de liga.

viernes, 13 de febrero de 2009

Chantada 1-1 Barbadás B

O fin de semana pasado xogamos contra un rival directo ó ascenso, o Barbadás B, que non puxo as cousas nada fáciles. O resultado final foi de empate a un.

Empezamos o partido con tranquilidade e tendo o dominio do balón e intentando chegar a portería rival con perigo. Eles non creaban moito peligro e nos intentabamos achegarnos por medio de Pablito, Noé e Erik. A ocasión máis clara foi unha de Pablito que se foi por moi pouco. Chegaría o 0-1 no marcador no minuto 30 logo dunha rechace o xogador do Barbadás marca de chilena. Non nos veriamos abaixo e no minuto 40 anularíanlle un gol a Traste por un dudoso fóra de xogo. Chegariamos así o remate da primeira metade.

Na segunda metade saimos moi metidos para remontar o 0-1 da primeira metade. Noé aproveitaria un rechace na área no minuto 60 para metela pola escadra. A partir de aí dominamos o partido e tivemos ocasións de levarnos o partido pero nin Noé nun man a man e Erik puideron marcar o gol da victoria. O final do partido un empate a un gol.

Este empate sérvenos para manternos aí arriba nos postos altos da táboa e en case de empate entre nós e o Barbadás estariamos nos por diante por termos o golaverage

sábado, 7 de febrero de 2009

Entrevista a Gorry

ENTREVISTA

Nome e apelidos: Miguel Corral Fernández.

Cóntanos a túa trayectoria deportiva: Empecei xogando o fútbol sala e fútbol campo nas escolas, cheguei a S.D.Chantada e aiquí estou.

Que é o fútbol para ti? Unha maneira de competir pasándoo ben cos amigos
.

Como ves o equipo fisica e mentalmente? Penso que estamos ben, e que temos moi bon equipo, aínda que temos que mellorar moito, e sair máis concentrados.

Por qué elixiches ser porteiro? Pois non me acordo pero sempre me chamou a atención ver un tipo solo no campo, que cando chegaban os outros o único que facía era recibir golpes, e se non pasaba o balón aplaudíanlle…jaja

Todos sabemos que tes xogado como lateral dereito, gústache xogar nesta posición ou prefires mellor de porteiro? Prefirir prefirir... de porteiro porque levo dende que empecei a xogar de porteiro e gústame moito, pero se o equipo necesita por calquer motivo que xogue de xogador pois tamén me gusta, contal de xogar, do que sexa.

Comprometeríaste a decirnos un número de goles encaixados para esta tempada?
Puff…non sei…veña por intentar…13

En que posto cres que acabará o equipo a final da tempada? Gustaríame quedar primeiros xa que por equipo podemos pero temos que traballar moito para conseguilo.

Como te sentes no club? Moi ben xa que nos conocemos todos trátanos moi ben e temos moi boa relación.

MOI PERSOAL
Unha cor: azul.

Unha comida: a zorza do amistade

Unha bebida:auga.

Un numero: 7 y 24.

Un equipo: SDChantada e deportivo.

Un libro: El niño con el pijama de rayas

Unha película: American History X

Un xogador: Mauro Silva e Manuel pablo

Un porteiro: Aranzubia e Van Der Sar

Un adestrador: de todos aprendín e aprendo moito; Javi Ramos, Óscar, Cacha, Rigui

Un hobbie: Estar cos amigos, e as pachanguitas.

Outros deportes: “xogar a sachos”(no parque) e balonmán

Unha manía: ningunha

O teu mellor gol encaixado: Non me acordo nin me gusta recordalos

O partido no que mellor actuaches foi: Non me acordo moito pero penso que foi contra o póligono en cadetes.

O partido do que mellor recordo tes: O partido que no que gañamos a liga contra o barco.

O mellor xogador con que xogaches é: Álex, joserra, Manuel, Jordi…

Quen era e é o teu mellor compañeiro de vestiario? Sen duda algunha todos son moi
bos,pero cos que máis relación teño son Pablito, Failde, lamas…


Unha anécdota que nunca esquecerás: os piques do parque…

Es xogador porque: encántame o fútbol e competir.

Eres porteiro porque…dende que empecei a xogar o futbol gustoume moito.

O mellor de ser xogador é? pasalo ben cos amigos, competir, conocer xente…

E o peor: as malditas lesións.

Un recordo: O 6-0 que nos meteu o Villalbés en infantiles xogándonos o ascenso

Un soño: buff…así cercano, ascender este ano a 1ª provincial e para máis adiante, xogar no Chantada.

Unha frase: No hay triunfo sin renuncia, victoria sin sufrimiento ni libertad sin sacrificio.

domingo, 1 de febrero de 2009

Entrevista a Pablito

ENTREVISTA

Nome e apelidos: Pablo Miguel Moure Vázquez


Contanos a túa traxectoria deportiva:

Xoguei desde benjamín o futbol sala nas escolas deportivas de Chantada ata infantís de 2º ano e logo dende cadetes na S.D. Chantada ata agora


Que é o fútbol para ti?

É un deporte para divertirse e disfrutar e sobre todo competir


Cómo ves o equipo física e mentalmente?

O equipo está físicamente ben e mentalmente para gañar todos os partidos.


Estás contento na posición que xogas? Gustariache xogar noutra posición?

Sí, na posición que xogo gústame pero tamén me gustaría xogar de media punta


Comprometeriaste a decirnos un número de goles para esta temporada?

Non sei con cantos goles acabarei pero, 15 goles por exemplo.


En que posto cres que acabará o equipo a final de temporada?

Nós esperamos quedar o máis alto posible , pero creo que o equipo o final acabará nos postos de ascenso e sobre todo poder ascender.


Cómo te sintes no club?

Un máis, pasalo ben e divírteste.


MOI PERSOAL


Unha cor: azul e roxo


Unha comida: macarróns


Unha bebida: coca- cola


Un número: 10


Un equipo: S.D. Chantada e Real Madrid


Un libro: Déixao medrar


Unha película: Quiero ser como Beckham


Un xogador: Messi


Un adestrador: Javi Ramos, Óscar Méndez, Adrián e Del Bosque


Un hobbie: Sair cos amigos


Outro deporte: tenis


Unha manía: comer as uñas


O teu mellor gol: Este ano contra o Barbadás (vaselina)


O partido do que mellor recordo tes: Cando gañamos a liga cadetes 1ª provincial


O mellor xogador con quen xogasches e? Joserra, André, Álex, Adri…


Quén era e é o teu mellor compañeiro de vestiario? Ness e Gorrión


Unha anécdota que nunca esquecerás: Na cafetería, diceronme: “Como queres o bocadillo enteiro ou medio?” “Non, a metade”


Eres xogador porque? Gústame o fútbol


O mejor de ser xogador é? Disfrutar deste deporte e pasalo ben.


E o peor? As lesións


Un recordo: Cando gañamos a liga, a festa que montamos, foi criminal.


Un soño: Xogar co Chantada en 2ª B


Unha frase: Contra o Bande: “Manín, dalle duro que son balóns de praia!”