sábado, 7 de febrero de 2009

Entrevista a Gorry

ENTREVISTA

Nome e apelidos: Miguel Corral Fernández.

Cóntanos a túa trayectoria deportiva: Empecei xogando o fútbol sala e fútbol campo nas escolas, cheguei a S.D.Chantada e aiquí estou.

Que é o fútbol para ti? Unha maneira de competir pasándoo ben cos amigos
.

Como ves o equipo fisica e mentalmente? Penso que estamos ben, e que temos moi bon equipo, aínda que temos que mellorar moito, e sair máis concentrados.

Por qué elixiches ser porteiro? Pois non me acordo pero sempre me chamou a atención ver un tipo solo no campo, que cando chegaban os outros o único que facía era recibir golpes, e se non pasaba o balón aplaudíanlle…jaja

Todos sabemos que tes xogado como lateral dereito, gústache xogar nesta posición ou prefires mellor de porteiro? Prefirir prefirir... de porteiro porque levo dende que empecei a xogar de porteiro e gústame moito, pero se o equipo necesita por calquer motivo que xogue de xogador pois tamén me gusta, contal de xogar, do que sexa.

Comprometeríaste a decirnos un número de goles encaixados para esta tempada?
Puff…non sei…veña por intentar…13

En que posto cres que acabará o equipo a final da tempada? Gustaríame quedar primeiros xa que por equipo podemos pero temos que traballar moito para conseguilo.

Como te sentes no club? Moi ben xa que nos conocemos todos trátanos moi ben e temos moi boa relación.

MOI PERSOAL
Unha cor: azul.

Unha comida: a zorza do amistade

Unha bebida:auga.

Un numero: 7 y 24.

Un equipo: SDChantada e deportivo.

Un libro: El niño con el pijama de rayas

Unha película: American History X

Un xogador: Mauro Silva e Manuel pablo

Un porteiro: Aranzubia e Van Der Sar

Un adestrador: de todos aprendín e aprendo moito; Javi Ramos, Óscar, Cacha, Rigui

Un hobbie: Estar cos amigos, e as pachanguitas.

Outros deportes: “xogar a sachos”(no parque) e balonmán

Unha manía: ningunha

O teu mellor gol encaixado: Non me acordo nin me gusta recordalos

O partido no que mellor actuaches foi: Non me acordo moito pero penso que foi contra o póligono en cadetes.

O partido do que mellor recordo tes: O partido que no que gañamos a liga contra o barco.

O mellor xogador con que xogaches é: Álex, joserra, Manuel, Jordi…

Quen era e é o teu mellor compañeiro de vestiario? Sen duda algunha todos son moi
bos,pero cos que máis relación teño son Pablito, Failde, lamas…


Unha anécdota que nunca esquecerás: os piques do parque…

Es xogador porque: encántame o fútbol e competir.

Eres porteiro porque…dende que empecei a xogar o futbol gustoume moito.

O mellor de ser xogador é? pasalo ben cos amigos, competir, conocer xente…

E o peor: as malditas lesións.

Un recordo: O 6-0 que nos meteu o Villalbés en infantiles xogándonos o ascenso

Un soño: buff…así cercano, ascender este ano a 1ª provincial e para máis adiante, xogar no Chantada.

Unha frase: No hay triunfo sin renuncia, victoria sin sufrimiento ni libertad sin sacrificio.

No hay comentarios: