domingo, 1 de febrero de 2009

Entrevista a Pablito

ENTREVISTA

Nome e apelidos: Pablo Miguel Moure Vázquez


Contanos a túa traxectoria deportiva:

Xoguei desde benjamín o futbol sala nas escolas deportivas de Chantada ata infantís de 2º ano e logo dende cadetes na S.D. Chantada ata agora


Que é o fútbol para ti?

É un deporte para divertirse e disfrutar e sobre todo competir


Cómo ves o equipo física e mentalmente?

O equipo está físicamente ben e mentalmente para gañar todos os partidos.


Estás contento na posición que xogas? Gustariache xogar noutra posición?

Sí, na posición que xogo gústame pero tamén me gustaría xogar de media punta


Comprometeriaste a decirnos un número de goles para esta temporada?

Non sei con cantos goles acabarei pero, 15 goles por exemplo.


En que posto cres que acabará o equipo a final de temporada?

Nós esperamos quedar o máis alto posible , pero creo que o equipo o final acabará nos postos de ascenso e sobre todo poder ascender.


Cómo te sintes no club?

Un máis, pasalo ben e divírteste.


MOI PERSOAL


Unha cor: azul e roxo


Unha comida: macarróns


Unha bebida: coca- cola


Un número: 10


Un equipo: S.D. Chantada e Real Madrid


Un libro: Déixao medrar


Unha película: Quiero ser como Beckham


Un xogador: Messi


Un adestrador: Javi Ramos, Óscar Méndez, Adrián e Del Bosque


Un hobbie: Sair cos amigos


Outro deporte: tenis


Unha manía: comer as uñas


O teu mellor gol: Este ano contra o Barbadás (vaselina)


O partido do que mellor recordo tes: Cando gañamos a liga cadetes 1ª provincial


O mellor xogador con quen xogasches e? Joserra, André, Álex, Adri…


Quén era e é o teu mellor compañeiro de vestiario? Ness e Gorrión


Unha anécdota que nunca esquecerás: Na cafetería, diceronme: “Como queres o bocadillo enteiro ou medio?” “Non, a metade”


Eres xogador porque? Gústame o fútbol


O mejor de ser xogador é? Disfrutar deste deporte e pasalo ben.


E o peor? As lesións


Un recordo: Cando gañamos a liga, a festa que montamos, foi criminal.


Un soño: Xogar co Chantada en 2ª B


Unha frase: Contra o Bande: “Manín, dalle duro que son balóns de praia!”

No hay comentarios: