martes, 28 de octubre de 2008

Lobios 0-6 Chantada

Este finde semana gañamos no campo do Lobios por seis goles a cero. O partido foi fácil xa que non nos puxeron en apuros.

A primera parte empezou con bastante igualdade durante os primeiros 15 minutos ata que chegou o primeriro gol de Andrés logo dun tiro anterior de Erik que marca a porta baleira.Logo Noé no 27 marcaría o segundo, no 27 Arias logo dunha xogada persoal marcaria o terceiro. Andrés outra vez logo dun rechace marcaría o cuarto e Amis marcaría o quinto logo dun córner sacado por Arias.Chegariamos así o remate da primeira parte

Xa na segunda parte dedicámonos a tocar máis o balón xa que ibamos gañando con comodidade. Noé no 65 faría o definitivo cero seis. Neste partido debutou Lehbih logo de esperar varias xornadas a que lle viñera a ficha e fixo un gran partido, no que entre outras cousas mandou un balón o pao que case vai gol. Na segunda parte xa foi un completo dominio noso e Bruno e Lamas no medio campo tacaban e tocaban o balón parecendo un rondo. Non habería tempo para máis.
Destacar que a pesar de que o Lobios e un equipo recen formado saiu con moitas gañas cando ían perdendo seguían tendo esas gañas. Agora estamos líderes empataos a puntos co Barbadás B que recibirá na seguinte xornada o Polígono un rival que seguro que non llo vai a poñer nada fácil. Nos debemos gañarlle aquí no Sangoñedo a un Cortegada que ainda que non empezou moi ben a liga non no lo vai a poñer nada fácil.

sábado, 25 de octubre de 2008

Lobios-Chantada

Este sábado as 4:30 da tarde xogaremos o noso 5º partido de liga. Vamos segundos na clasificación empatado a puntos co Barbadás B e o Lobios de momento non leva ningun punto pero non creo que tan só por sermos os colíderes nos regalen os tres puntos por eso vamos a ter que sudar a camiseta se queremos seguir nesta liña ascendente.

domingo, 19 de octubre de 2008

Polígono 0-2 Chantada

Este finde semana xogamos un dos partidos máis importantes do que levamos de liga, xa que nos enfrontamos o líder. Gañamos por dous a cero pero non foi tan fácil o partido como parece no marcador final.Gañámoslle a un líder que logo de marcarmos o noso primeiro gol non se veu abaixo para nada.

Na primeira parte empezamos nos levando o peso do balón e chegando con máis claridade a portería rival. Tirariamos a porta por medio de Erik, Andrés, Pablito pero sen moita sorte.Sen en cambio nunha xogada a balón parado, Arias bota unha falta que Amis( facendo un gran partido) metería o balón para dentro so dentro da área. Eles chegarían con un pouco máis de facilidade a nosa portería pero sin moita fortuna. Fómonos así o descanso.


O principio da segunda parte Gorry tivo que ser substituído por Suizo por doenzas musculares. Os do Polígono seguirían acosando a nosa portería constantemente pero sen moita fortuna, ainda que as veces chegaban con bastante peligro pero non souperon materializar.No minuto 85 Erik marcaría o segundo gol logo de encarar o porteiro rival. Os nosos rivales intentarian algunha que outra vez máis chegar a meta de Suizo pero sen sorte.

Deste xeito poñémonos colíderes empatados a puntos co Barbadás b que gañou tamen por cero goles a dous ao Taboadela.

jueves, 16 de octubre de 2008

Chantada 4-2 Crespos

Este finde semana gañamos por catro goles a dous a un Crepos que viña de perder o seu partido anterior. Nos afrontamos ese partido con bastantes baixas xa que so poidemos ter un home de reserva.

Na primeira parte levamos nos o peso do balón levando bastante peligro a porteria do meta do Crespos, disparos de bastante distancia e de cerca. Noé logo dunha xogada individual da un pase a Arias que remata de cabeza so ante o porteiro. Seguimos tocando o balón e tendo ocasións pero nun barullo na nosa área faría o empate facendo imposible a estirada de Suizo. Non nos vñemos abaixo e seguimos buscando o segundo gol e Arias outra vez faria o segundo logo dun gran remate dende dentro da área. Non abería tempo para moito máis na primeira parte.


Xa na segunda parte os visitantes foron con máis forza e chegaban a nosa meta con algo máis de perigo, pero Noé marcará o terceiro logo dun gran disparo dende máis de 15 metros de fóra da área. Os do Crespos non se viñeron abaixo e seguían chegando pero Noé viria o porteiro adiantado e marcaria outro gol desde máis de fóra da área. O segundo gol deles chegaria no minuto 84. Seguría tendo ocasión o equipo visitante con perigo pero non as soupo aproveitar. Xa no último minuto de partido Ness mandaria un balón o pao logo de tirar unha falta. Logo o árbitro pitaría o final do partido.
O próximo sábado as 5 da tarde enfrontarémonos o Polígono, e decir, visitaremos a casa do lider xa que gañou todos os partidos que levamos de liga.

Chantada 4-2 Crespos

Este finde semana gañamos por catro goles a dous o Crespos xa que foi un partido bastante igualado. Fomos con bastantes baixas no noso equipo e soupemos resolvelo moi ben.



Empezamos tocando o balón e dominando e nunha xogada individual de Noé dalle un pase a Arias que remata so de cabeza ante o porteiro do Crespos. Seguiriamos levando nos o partido ata que nunha xogada enbarullada na nosa área acabaria facendo o empate o Crespos facendo imposible a estirada de Suizo.Pero a pesar do gol non nos viñemos abaixo e no minuto 37 de partido Arias outra vez marcaría logo dun remate desde dentro da área.Seguría avendo ocasións pero non moi perigosas. Chegariamos así o remate da primeira parte.



Na segunda parte empezamos con moitas ganas e Noé desde pouco máis de medio campo marca un golazo pola escuadra. Eles chegarían a nosa meta ainda que sin moito perigo. Noé volvería a marcar logo de ver o porteiro adiantado outro golazo dende fóra da área. Eles non se viñeron abaixo e foron a recurtar distancias e conseguían chegar a nosa meta con moito perigo. Lograrían o gol no minuto 84 de partido, logo de marcar seguiron buscando a nosa portería e chegaban con moito perigo pero non souberon aproveitar as ocasións de gol.
Xogamos o sabado 18 as 17:00 contra o Polígono o líder da categoría. Se gañamos podemonos poñer líderes.

martes, 7 de octubre de 2008

Taboadela1-3Chantada

Este domingo disputamos o noso segundo partido de liga contra o Taboadela donde gañamos con bastante autoridade.Antes de empezar o partido gardamos un minuto de silencio pola morte do utilleiro do CD Ourense.

A pouco de empezar a primeira metade marca Pablito logo dun erro da defensa.Chegabamos con moita facilidade a portería rival pero sin moita sorte. No minuto 20 de partido Bruno ten que retirarse por unha sobrecarga nos tibiales. Seguerían as ocasóns para nos pero sin moita fortuna. Chegariamos o final da primeira metade co marcador favorable para nos.

Xa na segunda metade seguimos dominando pero un erro da nosa defensa deixa que marque o equipo local un bonito gol. Non nos viñemos abaixo e airiños no minuto 67 de partido marcaria Aririños un precioso gol desde a frontal da área. Eles non querían perder o segundo partido consecutivo e viñeronse arriba pero non foi posible a igualada. No tempo de desconto Arias votaría unha falta e Airiños volvería a marcar. Non habería tempo para máis.

Destacar deste partido a volta de Vicente os terreos de xogo logo de votar un més de baixa e tamén dar as gracias o Xuvenil A que adestra Óscar Méndez por colaborar con nos deixandonos xogadores estando xustos.