jueves, 16 de octubre de 2008

Chantada 4-2 Crespos

Este finde semana gañamos por catro goles a dous o Crespos xa que foi un partido bastante igualado. Fomos con bastantes baixas no noso equipo e soupemos resolvelo moi ben.



Empezamos tocando o balón e dominando e nunha xogada individual de Noé dalle un pase a Arias que remata so de cabeza ante o porteiro do Crespos. Seguiriamos levando nos o partido ata que nunha xogada enbarullada na nosa área acabaria facendo o empate o Crespos facendo imposible a estirada de Suizo.Pero a pesar do gol non nos viñemos abaixo e no minuto 37 de partido Arias outra vez marcaría logo dun remate desde dentro da área.Seguría avendo ocasións pero non moi perigosas. Chegariamos así o remate da primeira parte.



Na segunda parte empezamos con moitas ganas e Noé desde pouco máis de medio campo marca un golazo pola escuadra. Eles chegarían a nosa meta ainda que sin moito perigo. Noé volvería a marcar logo de ver o porteiro adiantado outro golazo dende fóra da área. Eles non se viñeron abaixo e foron a recurtar distancias e conseguían chegar a nosa meta con moito perigo. Lograrían o gol no minuto 84 de partido, logo de marcar seguiron buscando a nosa portería e chegaban con moito perigo pero non souberon aproveitar as ocasións de gol.
Xogamos o sabado 18 as 17:00 contra o Polígono o líder da categoría. Se gañamos podemonos poñer líderes.

No hay comentarios: