martes, 28 de octubre de 2008

Lobios 0-6 Chantada

Este finde semana gañamos no campo do Lobios por seis goles a cero. O partido foi fácil xa que non nos puxeron en apuros.

A primera parte empezou con bastante igualdade durante os primeiros 15 minutos ata que chegou o primeriro gol de Andrés logo dun tiro anterior de Erik que marca a porta baleira.Logo Noé no 27 marcaría o segundo, no 27 Arias logo dunha xogada persoal marcaria o terceiro. Andrés outra vez logo dun rechace marcaría o cuarto e Amis marcaría o quinto logo dun córner sacado por Arias.Chegariamos así o remate da primeira parte

Xa na segunda parte dedicámonos a tocar máis o balón xa que ibamos gañando con comodidade. Noé no 65 faría o definitivo cero seis. Neste partido debutou Lehbih logo de esperar varias xornadas a que lle viñera a ficha e fixo un gran partido, no que entre outras cousas mandou un balón o pao que case vai gol. Na segunda parte xa foi un completo dominio noso e Bruno e Lamas no medio campo tacaban e tocaban o balón parecendo un rondo. Non habería tempo para máis.
Destacar que a pesar de que o Lobios e un equipo recen formado saiu con moitas gañas cando ían perdendo seguían tendo esas gañas. Agora estamos líderes empataos a puntos co Barbadás B que recibirá na seguinte xornada o Polígono un rival que seguro que non llo vai a poñer nada fácil. Nos debemos gañarlle aquí no Sangoñedo a un Cortegada que ainda que non empezou moi ben a liga non no lo vai a poñer nada fácil.

No hay comentarios: