

Na primeira parte empezamos nos levando o peso do balón e chegando con máis claridade a portería rival. Tirariamos a porta por medio de Erik, Andrés, Pablito pero sen moita sorte.Sen en cambio nunha xogada a balón parado, Arias bota unha falta que Amis( facendo un gran partido) metería o balón para dentro so dentro da área. Eles chegarían con un pouco máis de facilidade a nosa portería pero sin moita fortuna. Fómonos así o descanso.


O principio da segunda parte Gorry tivo que ser substituído por Suizo por doenzas musculares. Os do Polígono seguirían acosando a nosa portería constantemente pero sen moita fortuna, ainda que as veces chegaban con bastante peligro pero non souperon materializar.No minuto 85 Erik marcaría o segundo gol logo de encarar o porteiro rival. Os nosos rivales intentarian algunha que outra vez máis chegar a meta de Suizo pero sen sorte.
Deste xeito poñémonos colíderes empatados a puntos co Barbadás b que gañou tamen por cero goles a dous ao Taboadela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario