jueves, 19 de febrero de 2009

Bande 5-6 Chantada

O fin de semana pasado viaxamos a Bande en busca dunha victoria para seguirmos estando ai arriba na loita polo ascenso. Foi un partido donde os locais non souperon aproveitar un 5-2 e que nos cun bo xogo na segunda parte remontamos a falta de 20 minutos para o remate do partido.

Empezamos o partido con dominio do balón e con chegadas claras a portería rival pero sen moita fortuna co gol. O primeiro gol do partido chegaria de falta, unha falta botada por Ness que o propio defensa a mete na súa propia portería. Sería o 0-1 pero logo do saque de medio farían o empate. Pouco despois logo dunha xogada combinativa o Bande marcaría o dous a un co que nos iriamos o descanso.

No segundo tempo saimos decididos a pola victoria e así foi, Pablito logo de regatear o porteiro poñería o empate no marcador. Logo nos seguintes 10 minutos logo de xogadas combinativas do Bande faríanos 3 goles. A pesar deses tres goles non nos viñemos abaixo e Airiños, recurtaría distancias de falta directa, cinco minutos depois Airiños volvería a marcar logo de cabecear a rede logo dun saque de esquina e él mesmo faría o empate tamén de cabeza logo dun centro desde a banda. O cinco a seis final sería obra de Erik a falta de cinco minutos para o final do partido.

Unha victoria que nos da ganas para o seguinte partido de liga que será aqui na casa contra o Soutopenedo un rival que ben de gañar contra o líder por cinco a cero e que está detrás nosa na clasificación a tan so un punto, asique de gañarmoslle estariamos aí metidos pola loita polo ascenso.

Recordar que esta semana non teremos partido porque se disputarán os partidos aplazados. Tamñen anunciar que a xornada suspendida por mor do temporal será disputada despois do último partido de liga.

No hay comentarios: