


Empezamos o partido con tranquilidade e tendo o dominio do balón e intentando chegar a portería rival con perigo. Eles non creaban moito peligro e nos intentabamos achegarnos por medio de Pablito, Noé e Erik. A ocasión máis clara foi unha de Pablito que se foi por moi pouco. Chegaría o 0-1 no marcador no minuto 30 logo dunha rechace o xogador do Barbadás marca de chilena. Non nos veriamos abaixo e no minuto 40 anularíanlle un gol a Traste por un dudoso fóra de xogo. Chegariamos así o remate da primeira metade.


Na segunda metade saimos moi metidos para remontar o 0-1 da primeira metade. Noé aproveitaria un rechace na área no minuto 60 para metela pola escadra. A partir de aí dominamos o partido e tivemos ocasións de levarnos o partido pero nin Noé nun man a man e Erik puideron marcar o gol da victoria. O final do partido un empate a un gol.

Este empate sérvenos para manternos aí arriba nos postos altos da táboa e en case de empate entre nós e o Barbadás estariamos nos por diante por termos o golaverage
No hay comentarios:
Publicar un comentario