viernes, 30 de enero de 2009

Chantada 4-1 Lobios

Este fin de semana pasado gañamos por catro goles a un contra o Lobios. Nós tivemos moitas baixas e iso fixo que so poideramos ir con once xogadores o partido. O final do partido noutouse non ter xente fresca no banquillo. Ainda así os tres puntos quedaron na casa que nos viran moi ben para poder ascender.

Empeza a primeira metade con dominio noso e creando oportunidades de gol por medio de Bruno, Erik, Pablito e Vicente pero sen moita fortuna. No minuto 15 Bruno cun tiro lexano e coa axuda do porteiro faría o un a cero. No minuto 25 Vicente faría o dous a cero logo dun pase de Erik e no 35 Vicente de novo marcaría para facer o tres a cero logo dun rechace a lanzamento de Pablito.

Xa na segunda metade máis do mismo. Nos con moita posesión do balón e con chegada a porteria rival. No 7o Erik faría o catro a cero que deixaría o partido setenciado definitivamente. O Lobios sacou xogadores frescos e achegabanse con máis claridade a nosa meta pero sen moito perigo. No minuto farían o catro a un difinitivo logo dun erro da defensa que o dianteiro do Lobios sabe aproveitar moi ben.

No hay comentarios: