sábado, 23 de agosto de 2008

Chantada 2-1 Taboada

Na nosa primeira proba cara a nova tempada estivo bastante ben, ainda que poidemos facer moito máis. O Resultado contra o Taboada ainda que pareza moi axustado tivemos moitas opcions de marcar pero non soubemos materializalas.

Na primeira parte foi un completo dominio noso, tivemos moito o balón e disparamos moitas veces a portería, pero non tivemos sorte. A pesar de ter a posesión en algún contragolpe puxeron en apuros o noso meta.

Xa na segunda parte, eles intentaron ter máis a posesión do balón, pero nos seguiamos tendo o balón. No minuto 80 chegaría o gol de Amis. Chegou nunha xogada moi protestada polos xogadores do Taboada xa que decían que era fora de xogo de Amis pero non era así. Pouco despois do noso gol o Taboda logo dun centro dende a banda un fallo na nosa defensa fixo que marcaran e fixeran polo tanto o empate. A pesar do gol non nos viñemos abaixo e intentamos a ir polo gol da victoria. Airiños desde a frontal da area batiu ao meta taboadino logo dun gran disparo.

Non abería tempo para moito máis. O final do partido Chantada 2 Taboada 1

No hay comentarios: