martes, 2 de septiembre de 2008

Chantada 5-2 Pabellón (Cadetes Liga Galega)

Este partido foinos moito mellor que contra o Taboada como podedes ver no resultado, aínda así eran cadetes.

O partido comeza con bo movemento de balón dos dous equipos, con chegadas a área non moi perigosas pero con moito tiro. No minuto 30 Pablito nun erro defensivo marca de valesina. Logo no minuto 40 marcaría Arias o 2-0, así se chegaría o remate da primerira parte.

Xa na segunda parte volveria a marcar Pablito con outra gran vaselina o porteiro. Pouco despois recurtaria distancias o Pabellon marcando. Pouco despois Xosé (Cadete) logo dun rechace na área marcaria o cuarto gol. Volvería a recortar o Pabellón e pouco despois Erik marcaría un gran gol pola escadra dereita do poteiro ourensano.

Non habería tempo pa moito máis. Estamos contentos pola victoría, pero debemos seguir traballando pa poder sen competetivos no arranque ligueiro.

No hay comentarios: