jueves, 11 de septiembre de 2008

Rodeiro 2-5 Chantada





Esta semana pasada non houbo partido amistoso, xa que houbo exames de setembro e nn se entrenou moito a verdade. Onte 10/09/2008 xogamos un partido contra os de Rodeiro alá. O resultado como podedes ver foi igual que contra o Pabellón xa que seguimos tendo moitos acasións e metendo goles, feito do que estamos moi contentos.


O partido comeza cun gol moi pronto do Rodeiro no minuto 3 nun erro defensivo. Non tardariamos moito en empatar xa que estabamos movendo bastante ben o balón, o gol marcaríao Erik, no minuto 30 os ed Rodeiro volveríanse adiantar pero este gol foi en fora de xogo pero subiría ao marcador, ata o remate da primeira parte non haberia moitas ocasións máis.


Xa na segunda parte, movemos moito mellor o balón e marcamos o empate que sería obra de Amis, logo Erik marcaria o terceiro pero moi discutido, xa que os xogadores do Rodeiro pedirían fora de xogo pero neste caso non era. Nunha falta o borde da area Ness estubo moi listo e viu o porteiro adiantado e marcou o cuarto. Logo Erik de penalty marcaría o quinto gol de forma que sería o seu terceiro tanto da tarde.


Non habería tempo para moito máis neste partido.


Descatar deste partido o mágnifico xogo dos cadetes que xogaron con nos: Traste, Fornas e fabio xa que a pesar de non ser da súa categoría fixeron un gran papel no campo xa que nos tamos moi contentos de que poidan xogar con nos mentres non empecen a súa liga. Tamén estiveron moi bn o resto de xogadores do noso equipo.


A nota negativa de este partido foi que o final do mesmo o entrenador Javi Ramos deunos unha mala noticia xa que se aplaza o primeiro partido de liga porque se retiraron varios equipos ad nosa liga, entre eles o Velle B e o Arrabaldo, polo tanto terase que volver a sortear de novo o calendario de liga da 2ª provincial. Iremoslles informando de cando volve empezar a liga e cal será o noso primeiro rival.


No hay comentarios: