martes, 23 de diciembre de 2008

Chantada 5-0 Taboadela

Este fin de semana xogamos un dos nosos mellores partidos dos que levamos xogado de liga, movemos moi ben o balón e creamoslles moitas ocasións o Taboadela. Debiamos gañar para meternos arriba e non perder o fío dos de arriba e así foi un partido que estivo controlado de principio a fin.

Comezamos o partido tranquilos movendo moi ben o balón e chegando con claridade e tendo ocasións pero sen moita fortuna no remate. No minuto 15 Pablito abría a lata logo dun rechace dun córner botado por Arias. Seguiriamos intentando buscar o segundo gol pero seguiamos sen ter moita sorte. Terían ocasións José Luis, Erik, Bruno... pero sempre sen moita fortuna na ora do remate. Chegariamos así cun 1-0 o final da primeira metade.

Na segunda metade seguiriamos a levar o peso do partido sen darlle moitas opcións o Taboadela. Bruno logo dunha xogada persoal desde o medio do campo deixaríalle un balón a Erik que só o tería que empurrar para dentro da portería. Corría o minuto 55. No minuto 60 Pablito marcaría logo dun rechace. O Taboadela xa s veu abaixo de todo e seguían as nosas ocasións. Bruno, Erik e Vicente tiveron ocasións de marcar pero non chegaría o cuarto ata o minuto 75 donde Erik lle cede un balón a Vicente para que marque a porta baleira. No minuto 85 chegaría o quinto logo dun centro de Lamas que Erik remataria de cabeza e faría o seu segundo gol nese partido. Quedaría un tiro desde o medio do campo de Vicente que o despexa a córner o porteiro rival. Non habería tempo para máis.

Chegamos o parón navideño. Temos que seguir entrenando para non perder os postos altos da táboa. Agora nós con esta victoria e outros equipos de arriba con algunha derrota e algun empate ponse a clasificación máis axustada e que da opcións de facer algo grande este ano.

No hay comentarios: