martes, 2 de diciembre de 2008

Chantada 1-2 Maside

Este fin de semana encaixamos a nosa segunda derrota consecutiva. Tocamos bastante ben o bálón pero faltounos a definición.

Empezamos a primeira parte algo tensis e pagamolo nun córner cun mal despexe de Vicente que acaba metendo o Maside. Non nos viñemos abaixo e fomos polo partido donde fomos claramente superiores chegando con moita facilidade a portería rival pero sin moita fortuna. A mellor ocasión da primeira metade estivo nas botas de José Luis que fixo unha xogada persoal dende a banda ata a área que acabaría collendo o porteiro visitante. Tivemos ocasións dende fóra da área por medio de Bruno, Ness, Erik.. pero sen fortuna.

Xa na segunda metade entramos con moitas gañas e no minuto 60 David logo dun córner faría o empate. Seguimos buscando o gol da victoria creando moitas ocasions pero non chegaba. No minuto 92 cando todo parecía acabar en empate un tiro dende fóra da área entraría na portería sen ter nada que facer Suizo.

Esta imos a xogar o campo do Santa Teresita e debemos gañar se nos queremos meter nos postos altos da táboa. Estamos deixando escapar moitos puntos que o principio de temporada non o faciamos.

No hay comentarios: