domingo, 14 de diciembre de 2008

Ponte Ourense 3-2 Chantada

Este finde semana perdemos contra o Ponte Ourense con moitas baixas nosas. Aínda así fixemos todo o posible por levarnos o partido.


Empezamos con moitas ganas de gañar e intentando tocar o balón pero eles estaban bastante ben posicionados e salían moi ben a contra. No minuto 10 meteronos o 1-o logo dunha gran xogada convinativa deles que logo o disparo petou no pao e entrou e fixo inutil a estirada de Gorry. Non nos viñemos abaixo e intentamos ir polo partido. Erik cun disparo lonxano non foi posible e logo Amis de cabeza pero sen sorte. Logo eles lanzaron unha falta que peta no pao. No minuto 45 Pablito marcaría de dende o borde da área logo dun córner.Chegariamos así cun empate no marcardor o final do primeiro tempo.

Na segunda metade saimos ben metidos e Erik no minuto 60 faría o 1-2 no marcador. Os pontinos non se viñeron abaixo e buscaron o empate e así foi no minuto 70 farían o 2-2 no marcardor. Non se conformaban co empate e buscaron a victoria. Chegaría o gol deles no minuto 83 logo dun tiro desde dentro da área que fixo imposible a estirada de Gorry. Nos intentamos logo buscar o empate con tres homes arriba pero non foi posible.

Destacar que a pesar do cansanzo dos nosos xogadores pelearon ata o final en busca dun empate. Para a semana xogaremos contra o Taboadela o último partido antes do parón navideño.
As fotos seran postas durante a semana

No hay comentarios: