martes, 18 de noviembre de 2008

Chantada 3-3 Bande

Este finde semana empatamos a tres goles contra o Bande. Foi un partido algo tolo donde houbo moitas ocasións e o dominio do balón íbase alternando.
Na primeira parte empezamos con bastante medo, estabamos metidos atrás como nerviosos polo que poidera pasar. A raíz diso o Bande vense arriba e intenta chegar pouco a pouco a nosa portería pero sen moita sorte. Nos co paso dos minutos fomos collendo o sitio e empezando a tocar máis o balón e non estarmos tan nerviosos. No minuto trinta nuha xogada convinativa Pablito desde a banda ve solo a Arias que lle da o balón e de vaselina marcaría o noso primeiro gol. O Bande non se viría abaixo e intentaría o seu primeiro gol e así foi nun saque de banda un despiste defensivo noso custounos o empate. E así chegariamos o final da primeira metade


Na segunda metade o Bande sairía con máis gañas que nos e buscaría máis a portería rival e chegaría con moito perigo. No minuto 55 marcarían o 1-2 logo dunha xogada na área que acabaría por metela dentro Marcos que debutaba logo dunha lesión. Aos cinco minutos chegaría o 1-3 logo dun tiro desde dentro da área que sería imposible para o porteiro. A raíz de estes dous goles o noso mister arriesgou e adiantou liñas para intentar empatar ou sacar algo deste partido e así foi no minuto 65 logo dun saque de porta e peinada de Gonzalo, Amis quedaríase so ante o porteiro e marcaría de vaselina e cinco minutos máis tarde Ness saca unha falta que non consigue atallar ben o porteiro e David aproveitaría ese erro para marcar o empate e defionitivo 3-3. Seguiriamos buscando a victoria pero non tivemos sorte pero o Bande tamén tivo algunha ocasión que outra mandando algúns balóns o pao.
O final reparto de puntos para os dous equipos e agora logo de que gañara o Polígono xa non dependemos de nos para ir líderes pero aínda así vamos segundos a catro puntos do líder e cun partido menos. A próxima semana enfrentarémonos ao Soutopenedo que seguro que non no lo vaia a poñer nada fácil.

No hay comentarios: