miércoles, 26 de noviembre de 2008

Soutopenedo 4-3 Chantada

Este finde semana pasado perdemos pos catro goles a tres contra o Soutopenedo. Foi un partido tolo donde houbo moitos goles na primeira metade e logo non soupemos manter a ventaxa no marcador na segunda metade.


A primeira metade empeza cunha oportunidade do Soutopenedo os 10 segundos de empezar o partido cun man a man contra o noso porteiro. Pouco despois chegaría o 1-0 logo dun erro na defensa. Non tardaríamos moito en empatar por medio de Pablito cunha gran vaselina. Iriamonos un pouco arriba pero non tardou case nada en volverse a poñer por diante o Soupenedo por medio logo dunha vaselina o porteiro. Amis pouco despois volvería a poñer o empate no marcador logo dunha falta sacada por Arias. Xa faltando pouco para rematar a primeira metade Pablito marcaría o terceiro para nos logo dun golazo por toda a escadra, que fixo imposible a estirada do porteiro local. Chegariamos asi o remate da primeira metade.

Na segunda metade sairon os locais mais metidos e chegando con moito perigo pero aguantariamos o noso marcador. No minuto 75 farían o empate loco dun mal despexe do noso meta e pouco despois logo dun mal entendemento entre o noso defensa e o porteiro farían o cuarto gol os locais. Non daría moito tempo para máis.

Do partido descatar o empeño de todos os xogadores por conseguir a victoria que o final non puido ser e a estrea de José Luis ca camiseta do Chantada. Debemos seguir entrenando con máis forza para manternos aí arriba na táboa.

No hay comentarios: