jueves, 5 de marzo de 2009

Chantada 3-4 Soutopenedo

O fin de semana pasado perdemos contra o Soutopenedo en catro erros nosos. A pesar da derrota seguimos obtando a un posto entre os 3 peimeiros o que nos da opcións o ascenso.

O partido empeza con unha ocasion visitante que deten Gorry. No minuto 15 Erik transformaría un penalti que pitaria o árbrito logo por ver mans dentro da área logo de tirar un córner. Sería o 1-0. A raíz deste gol o equipo visitante veuse arriba e nun mal despexe noso dentro da áre conseguirían poñerse por diante no marcador. Antes de chegar o descanso volverianse a poñer por diante logo de aproveitar un rechace na área logo dun córner. Remataría cun 1-2 a primeira metade.

Na segunda metade saimos decididos a polo empate pero nada máis comezar o partido un balón estrélase no pao e outro xogador deles marca o 1-3. Non nos viñemos abaixo e Pablito recurtaría distancias a falta de 30 minutos. Traste intentaría o empate por varias veces pero sen sorte e Noé e Erik tamén gozarían de oportunidades pero sen fortuna. Cando mellor estabamos en ataque un contragolpe faria o 2-4 e deixaba roto o partido pero non nos viñemos abaixo e Noe a falta de 5 minutos po final faría o 3-4 final. Seguiriamos buscando o empate pero non foi posible.

Esta semana temos un duro partido en Maside. O Maside está na mesma situación ca nos e de gañarmos dariamos un paso máis para entrar no ascenso, no caso de perdermos estariamos case difinitivamente fóra das opcións ó ascenso. O partiro será as 16:00 en Maside

No hay comentarios: