viernes, 27 de marzo de 2009

Cortegada 1-3 Chantada

O fin de semana pasado gañamoslle ao Cortegada por un claro 1-3. Nos tivemos moitas ocasións claras de gol e non as aprobeitamos e ao principio sufrimos un pouco cando ibamos perdendo por 0-1 que logo na segunda parte se remontaria.

Era un partido donde debiamos gañar obligatoriamente xa que nos xogabamos o ascenso, ainda ca victoria, non conseguimos o ascenso porque gañaron os outros equipos.

Na primeira metade empezamos con moitas gañas e con moito dominio de balón e con moitas xegadas a porteria local pero non tivemos sorte na definición. Eles so chegaban a nosa área con peligro grazas o balón parado. E así chegou o gol local, logo dun córner un xogador local remata moi ben o fondo das mallas defendidas polo meta Suizo.

Xa na segunda metade seguimos nos tendo claras ocasións de gol. O empate viria dunha acción a balón parado que Erik remata moi ben de cabeza. Era o 1-1 no marcador. Seguimos intentando marcar o gol que nos dera unha posiblidade de meternos no ascenso, tiñamos ocasións pero non dabamos atopado porteria. No minuto 85 Vicente faría o 1-2 que facía que soñaramos un pouco co ascenso e logo esperar a que os outros equipos fallaran. Xa no tempo de desconto unha falta botada nos Ness, David remataríao o fondo da rede poñendo o 1-3 definitivo. Na seguinte xogada habería unha acción polémica xa que lle anularon un gol Vicente por falta a porteiro.


As fotos serán postas mañá

No hay comentarios: